Concello de Vimianzo
28 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

13-09-2021

Os vehículos agrícolas que traballen na campaña de ensilado do millo poderán circular a partir do 16 de setembro pola vía VG-1.5

Con motivos das obras de ampliación da ponte de Baio e tras o estudo de diferentes alternativas, a Dirección Xeral de Tráfico vén de autorizar o uso alternativo da vía VG-1.5 Baio-Santa Irene para aqueles vehículos agrícolas que traballen na campaña de ensilado do millo. A norma farase efectiva a partir do día 16 de setembro e a circulación deste tipo de vehículos estará unicamente permitida entre os puntos quilométricos 60+100 e 62+650.

Así, os vehículos circularán por esta vía unicamente en horario diurno, en condicións de luminosidade natural que permitan a visibilidade para os demáis usuarios do vial. De forma habitual, a circulación de vehículos agrícolas por esta vía está prohibida polo que durante a campaña de ensilado do millo taparase a sinalización que o prohíbe co fin de evitar confusións.

Os vehículos agrícolas deberán cumplir, en todo momento, as normas de circulación propias de ditos vehículos, especialmente o alumeado reglamentario e comprobar sempre o seu correcto funcionamento, así como circular coa sinalización de posición e cruce, coa finalidade de ser visibles para o resto de usuarios da vía, debido á velocidade menor de circulación. A DXT establecerá dispositivos especiais para o control do cumprimento de ditas medidas de circulación coa finalidade de garantir a seguridade e a fluidez do tráfico.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X