Concello de Vimianzo
28 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

10-09-2021

Vimianzo despedirá este domingo o programa Recunchos coa Ruta do Mel

O Concello de Vimianzo celebrará este domingo, 12 de setembro, a derradeira andaina do programa Recunchos 2021 coa Ruta do Mel, mediante a cal se poderán contemplar ata unha ducia de alvarizas situadas no Monte Faro.

Seguindo o curso do rego das Borrallas, o rego Mourelos e o rego do Monzo, poderán ser descubertas algunhas destas estruturas, que nalgún tempo fixeron deste monte un dos máis ricos da comarca en produción de mel.

Algunhas destas estruturas aínda están en uso e nelas pódense observar as colmeas. Destacan sobre as demais, polo seu tamaño, as alvarizas de Fulías, a de Lucas e por riba das demais, a de Corzón das Pasantes: unha estrutura lineal de máis de 40 cámaras que supera os 50 metros de lonxitude.

Durante o percorrido haberá degustación de produtos elaborados con mel. Non se recomenda a participación na ruta ás persoas alérxicas ás picaduras de abellas. As inscricións pecharanse mañá, venres 10 de setembro, e pódense facer efectivas a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/hPgyRziGJv1yEjer7

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X