Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo impulsará en setembro un ciclo de tres filmes para facer chegar o sétimo arte a toda a veciñanza. A Administración local acondicionou recentemente o Auditorio para que as e os vimianceses poidan gozar dunha sala de cinema, coa intención de facilitar o visionado das películas nos lugares nos que non existen espazos acondicionados para tal fin.
A primeira proxección celebrarase o día 4 de setembro ás 21:00 horas con “Somos Criminais”, dirixida por Tito Asorey e Jairo Iglesias e que conta coa interpretación de Carlos Blanco e Xosé Touriñán, con quen a veciñanza poderá departir unha vez rematada a película. Trátase dunha comedia na que ambos protagonistas se fan unha serie de preguntas sobre Galicia, e para respondelas tanto Blanco como Touriñán dramatizan crímenes autóctonos en todas as súas variables.
O día 12 de setembro ás 18:30 horas será a quenda para “Sonic, a película”, unha peza de ciencia ficción, comedia e aventuras para todos os públicos na que o característico ourizo azul vivirá aventuras e desventuras cando coñece ao seu amigo humano e policía, Tom Wachowski.
Para rematar este ciclo, Vimianzo poderá degustar “Ons” o sábado 18 de setembro ás 21:00 horas, rodada integramente en galego en xénero dramático onde Vicente e Mariña chegan para pasar o verán a esta característica illa. Él ven dun accidente e as súas consecuencias psicolóxicas, e a viaxe tería que ser un bálsamo para o seu matrimonio. Ao rematar haberá un coloquio con Marta Lado, rec0ñecida artista da Costa da Morte.
As entradas será de balde con reserva ata completar aforo e poderanse facer as reservas na billeteira da Casa da Cultura de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. Abrirá unha hora antes do inicio da proxección e haberá itinerario seguro, sendo obrigatorio o emprego de máscara.