08-07-2021
Proxección do filme Cuñados
A praza do Concello de Vimianzo acollerá o vindeiro sábado 10 de xullo a proxección ao aire libre do filme Cuñados, protagonizado por Xosé Touriñán, Miguel De Lira, Federico Pérez, Eva Fernández, Iolanda Muíños, María Vázquez e Mela Casal. Comezará ás 22:30 horas
O aforo será limitado e pódense recoller as entradas na Casa da Cultura en horario de 9:00 a 14:00 horas. Esta comedia, de 95 minutos de duración, conta a historia de Eduardo e o seu cuñado Sabonis, que acaban de meter a zoca nun dos seus negocios e precisan de cartos para refrotar a situación.
Desde o Concello de Vimianzo avánzase que a actividade contará con estritos protocolos de seguridade e hixiene, e haberá a disposición dos espectadores e das espectadoras xel hidroalcólico.