Concello de Vimianzo
24 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

07-07-2021

Dan comezo os cursos de informática de verán para a rapazada vimiancesa

A aula CeMIT do Concello de Vimianzo deulle a benvida á rapazada inscrita nos cursos de informática de verán do Concello de Vimianzo.

Impartiranse actividades de mecanografía, robótica, ofimática e familiarización co procedemento de emprego do DNI electrónico.

O de mecanografía impartirase durante os meses de xullo e agosto, en horario de 10:00 a 11:00 horas para o primeiro grupo, e de 12:30 a 13:30 horas para o segundo grupo. Terá unha duración de 40 horas e está dirixido á rapazada nada entre o 2003 e o 2013.

De 11:15 a 12:15 horas, o de robótica terá unha duración de 8 horas lectivas tamén para rapaces nados entre o 2005 e o 2013. Será os luns e os mércores, durante o mes de xullo. Para o mes de agosto aínda quedan prazas libres.

Para a rapazada nada entre 2001 e 2010 está exclusivamente pensado o de ofimática, tamén de 11:15 a 12:15 horas os martes, xoves e venres, cunha duración de 12 horas lectivas, durante o mes de xullo. Para o mes de agosto hai prazas libres.

Para finalizar, a actividade de aprendizaxe para empregar o DNI electrónico terá unha duración de 2 horas lectivas, para a rapazada nada entre o 1991 e o 2005 e de 10:00 a 12:00 horas.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X