Concello de Vimianzo
1 de setembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

02-07-2021

Preparamos un programa de actividades para a mocidade de 12 a 18 anos baseado na cultura urbana

O Concello de Vimianzo prepara un programa de actividades para a mocidade de 12 a 18 anos baseado na cultura urbana e para o que as inscricións poderán realizarse do 5 ao 20 de xullo na Casa da Cultura. O prezo será de 50 euros, cunha redución de 5 euros para familias numerosas.

Desenvolverase do 26 ao 30 de xullo en horario de 10 a 14 horas e o número de prazas estará llimitado a 20. Haberá obradoiros artísticos de graffiti, obradoiros deportivos de breakdance, obradoiros deportivos de parkour e skate, obradoiros artísticos de estampación e camisetas stencil, obradoiros musicais de rap, beatbox, DJ; obradoiros deportivos de slackline e tamén de fútbol.

Desde Vella Escola serán os encargados de darlle forma a este compendio de iniciativas, por parte dunha entidade especializada na organización de eventos e a xestión do ocio creativo, conformada por un gran equipo de músicos, artistas, bailaríns e deportistas profesionais do mundo da cultura urbana, ámbito no que está especializada e recoñecida como entidade número un en Galicia desde a súa constitución no ano 2009.

A concelleira de Igualdade, María José Pose, quixo remarcar “o importante de dinamizar este tipo de actividades entre a mocidade, non só para o seu desenvolvemento persoal, senón tamén para intensificar as relacións interpersoais despois dun tempo tan complexo como o que vivimos”, apuntan. 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X