01-07-2021
Comezan os obradorios de artesanía
Este sábado 3 de xullo arrincan os obradoiros de artesanía no patio do Castelo de Vimianzo coa actividade de fiado do liño coa Asociación Amigos do Liño de Galicia. Comeza, así, a Mostra de Artesanía en Vivo, ás 11:00 horas e a inscrición estará dispoñible no seguinte
enderezo.
Será a primeira dun compendio de actividades que buscan poñer en valor os produtos de manufactura de toda a Costa da Morte, como o propio liño, a palla de Baíñas ou a olaría de Buño.
As prazas estarán limitadas a 12 persoas adultas ou menores a partir de 8 anos acompañados dunha persoa adulta. Desde o Concello de Vimianzo aproveitan a ocasión para convidar á veciñanza a engalanar as súas fiestras e balcóns de cara unha nova edición do Asalto ao Castelo, que non poderá celebrarse como de costume pero que servirá de previa para a conmemoración do XXV aniversario.