Concello de Vimianzo
21 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

21-06-2021

O Concello impulsa Recunchos, o programa de andainas para coñecer o seu patrimonio ata o 11 de setembro

O Concello de Vimianzo lanza un programa de andainas baixo o nome de Recunchos para dar a coñecer o seu patrimonio, que comezará o vindeiro sábado 26 de xuño e se estenderá ata o 11 de setembro de 2021. Esta primeira actividade desenvolverase nos Penedos de Pasarela e Traba, con saída ás 9:30 horas na Escola de Pasarela. Terá unha extensión de 8 quilómetros aproximadamente.

Para participar na mesma, poderase facer efectiva a inscrición no formulario web https://forms.gle/Y3mDf4MqWPLX9xVJ7, e recoméndase empregar botas de montaña ou calzado axeitado, roupa cómoda e adecuada ás condicións meteorolóxicas, paraugas ou sombreiro ou protección solar, mochila con comida e bebida e bastóns de sendeirismo.

Todos as andainas son circulares, con saída e chegada no mesmo punto. As persoas participantes deberán trasladarse ao punto de inicio da andaina polos seus propios medios. No caso de participación de menores de idade, estes deben ir acompañados dun adulto e con autorización do pai, nai ou titor/a legal. Está prohibido deixar lixo nos espazos naturais.

O calendario, ademais da que se celebrará esta fin de semana, queda debullada do seguinte xeito:

  • Vieiro Fidalgo, o 10 de xullo

  • Bamiro: un paseo pola historia, o 17 de xullo

  • Vimianzo- Castrobuxán, o 14 de agosto

  • Os segredos do Val de Vimianzo, o 21 de agosto

  • Ruta do mel, o 11 de setembro

Ligazóns

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X