Concello de Vimianzo
28 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

21-06-2021

O Concello executa dentro do POS provincial a mellora da pavimentación en varias vías de Cereixo e Carnés

O Concello de Vimianzo, dentro do POS da Deputación da Coruña, executou a mellora da pavimentación en varias vías das parroquia de Cereixo e Carnés. Concretamente, foron tres actuacións nas que se traballou: na que une a Devesa e A Casiña, a que vai de Moreira a Tufións e a de Carnés a Vilar.

Previamente a esta actuación, o firme presentábase en zahorra, e despois da mesma será de riego, o que favorecerá o tránsito de maquinaria agrícola e a conservación da mesma, debido a que en época de moita chuvia a constitución neste material fai máis sinxelo evacuar a auga, evitando así situacións de perigo para peóns e condutores.

Segundo aporta o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, é unha “prioridade” para o executivo non só mellorar as conexións interparroquiais, senón “favorecer a conservación destas vías e incrementar a seguridade da veciñanza”, di o edil, quen avanza que “ben sexa con fondos propios ou a través de axudas e subvencións, continuaremos coa nosa tarefa: mellorar a rede de infraestruturas do concello”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X