Concello de Vimianzo
24 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

17-06-2021

A exposición Pacto Verde Europeo de Europe Direct A Coruña chega o 21 de xuño a Vimianzo

A mostra itinarante sobre o Pacto Verde Europeo do centro Europe Direct A Coruña, pertencente a Deputación da Coruña, chega ao Concello de Vimianzo o vindeiro 21 de xuño, onde poderá visitarse durante dúas semanas. 

A exposición dá a coñecer os obxectivos da Comisión Europea en materia ambiental para os vindeiros anos. O Pacto Verde Europeo é a folla de ruta da Unión Europea para transformar a súa economía nas vindeiras décadas e avanzar cara un sistema sostible, moderno e  ompetitivo que sexa capaz de facer un uso eficiente dos recursos. O obxectivo final é acadar a neutralidade climática no ano 2050.

A mostra estará acompañada dunha performance artística con malabares, acrobacias e equilibrios que servirá de introdución á temática da exposición e que se celebrará na praza do Concello o día 24 de xuño ás 12 horas. Os paneis da exposición poderán verse ata o 5 de xullo na sala de exposición Antón Mouzo, na Casa da Cultura da localidade.

Xogo en liña

A exposición ten ademais unha dimensión interactiva para poñer a proba os coñecementos sobre o Pacto Verde Europeo e as accións que a cidadanía pode realizar no día a día para contribuír ao coidado do planeta. Trátase dun xogo interactivo cun formato de Escape Room no que hai que ir superando probas para conseguir unha clave final. O xogo está pensando para nenos e nenos e mocidade pero pon a proba tamén os coñecementos das persoas adultas. Pode visitarse na web: https://www.dacoruna.gal/europedirect/escaperoom/

Paradas da exposición

A mostra, realizada con materiais reciclados e reutilizables, realizou tres paradas na provincia antes de chegar a Vimianzo. Foi inaugurada o 9 de
maio na cidade da Coruña coincidindo coa celebración do Día de Europa e, a continuación, estivo dúas semanas nos municipos de Oroso  e Ferrol.
Para información complementaria, pódedes contactar a través do email europedirect@dacoruna.gal, ou ben, no número de teléfono 981 080 331.

Hai tamén máis información dispoñible na seguinte páxina web:

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X