Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo contará cunha senda peonil e un mellor trazado na estrada que vai de Caxadas a Baíñas grazas ao investimento de 1,6 millóns por parte da Deputación da Coruña, que aprobou o proxecto hoxe en sesión plenaria.
Este permitirá habilitar un espazo de case dous quilómetros de lonxitude no que os peóns contarán con beirarrúas durante toda a vía. Ademais, eliminaranse as curvas perigosas á altura de Padreiro de Abaixo. A través desta medida preténdese que o radio mínimo sexa de 250 metros, cunha sección de plataforma de sete a nove metros pavimentado con mestura bituminosa en quente.
A vía discorrerá desde o punto quilométrico 0+000 ata o 1+940. A plataforma incluirá ademais unha nova estrutura ao paso do río Castro, onde a existente carece de capacidade para desaugar.
O proxecto conta cun orzamento de 1.615.469 euros, a través do cal a entidade provincial pretende continuar acondicionando estradas para garantir “unhas comunicacións segyras para as persoas que transcorran por elas”.
Desde o goberno local queren agradecer a implicación da Deputación, tanto ao presidente, Valentín González Formoso e ao deputado de Obras, José Manuel Pequeño, como “a todas as persoas que integran os grupos de traballo da entidade” pola súa implicación con Vimianzo e a materialización dunha obra “histórica” para a veciñanza.