27-05-2021
O Concello de Vimianzo continúa a súa firme aposta pola preservación, conservación e posta en valor do seu patrimonio arqueolóxico. Hoxe comezou unha nova campaña de escavación no Castro das Barreiras.
O Concello de Vimianzo continúa a súa firme aposta pola preservación, conservación e posta en valor do seu patrimonio arqueolóxico. Onte comezou unha nova campaña de escavación no Castro das Barreiras.
Os traballos, comandados por Tito Concheiro e dos que se encargarán novamente o equipo de Terra Arqueos, daránlle unha “nova visión” ao xacemento, segundo explica o propio arqueólogo. “O Castro das Barreiras vaise converter na auténtica locomotora do patrimonio cultural de toda a comarca”. “Este castro en vivo e en directo é espectacular e sempre que vimos nos da algo engadido que lle suma calidades para facelo un xacemento sen parangón”, anuncia.
“Imos a facer algunhas cousas diferentes. Cando se leva a cabo a sexta campaña consecutiva non podemos falar doutra cousa senón de continuidade, sendo un exemplo para toda Galicia”, e adianta que “estamos a traballar coa perspectiva de poder facer esta campaña de primavera e outra no outono”, coincidentes coa tempada escolar, e poder sumar un dos activos máis importantes dun xacemento arqueolóxico: a rapazada.
Así, intervirase na metade do xacemento que se orienta cada o suroeste, coa mirada posta na muralla e o seu paramento interior, no que está previsto acometer traballos en hasta 30 metros. “Tamén ampliaremos a casa que se descubriu o ano pasado e escavaremos novamente no cemiterio cerámico”, subliña Concheiro.
En setembro prevese unha intervención completa noutro sector de escavación na muralla, lugar primordial para dirimir unha nova visión das Barreiras. Para saber realmente como e a muralla necesitamos unha intervención “tanto interior como exterior”, subliñaba Luis.
O Castro tería dous recintos orixinariamente, esa era a planta orixinal. Restituír iso antóllase indispensable para as visitas, porque é achegarse á vista orixinal. Neste sentido, reconduciranse as futuras intervencións e “comunicaranse as novidades conforme se vaian descubrindo”, avanzan desde Terra Arqueos.
Reactivando as visitas escolares
A vindeira semana retomaranse as visitas escolares co centro educativo de Baio, e tamén do alumnado do Obradoiro de Emprego de Turismo, conveniado coa Xunta de Galicia e os Concellos de Muxía e Camariñas. Xa hai outros centros educativos que concertaron visita para acudir a observar o xacemento e “isto é o que lle da o sentido completo ao noso traballo”, dicía Concheiro.
Principal novidade
Unha das principais novidades e polo que será tan importante esta intervención é o descubrimento da primeira “Cabana de poste” no Castro, unha construción que data de moito antes das típicas castrexas. “Podemos estar ante as primeiras épocas das Barreiras, e isto suporá un antes e un despois en como entendemos todo este xacemento”, determina Tito Concheiro. Mesmamente onte aparecía o fragmento dunha fíbula de bronce, que era como un “imperdible” e que é a primeira vez que aparece no Castro. Esta é a “promesa” de que vai haber mellores descubrimentos no Castro das Barreiras”, di Tito Concheiro.
“Será unha intervención moi frutífera, nun lugar no que canto máis preguntas, máis che responde”, finaliza Concheiro, quen quixo agradecer “en seu nome e de todos os arqueólogos profesionais” ao Concello de Vimianzo “a súa confianza e aposta polo Patrimonio arqueolóxico do municipio.”
Pola súa banda, a alcaldesa, Mónica Rodríguez, amosouse “ilusionada” por esta nova campaña nas Barreiras, e sinalou que “desde o Concello desexamos que poida ser interpretable para as visitas en todo o seu esplendor, coa súa estrutura orixinal xa atisbada”, e agradeceu “de corazón o traballo de Tito e todo o seu equipo nas Barreiras ano tras ano”, finalizaba a rexedora.