Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Manuel Antelo asinou na mañá de onte o crédito bancario que permitirá acatar a sentenza xudicial que obriga ao concello a pagar a obra realizada a maiores na Casa da Cultura. A formalización do crédito levouse a cabo na alcaldía e estiveron presentes o director da sucursal bancaria, Ramón Castiñeira, a notaria Ana Belén Mallada, o secretario municipal Rafael del Barrio e a interventora, Eva Casal. Nos vindeiros días o crédito consignarase na conta do concello e poderase proceder ao pagamento.
A formalización deste crédito bancario suporalle ao concello de Vimianzo poder pasar páxina en relación á Casa da Cultura e que esa débeda deixe de ser un lastre para a economía municipal. "A Casa da Cultura ten que ser noticia pola intensa actividade cultural que nela se desenvolve non por temas económicos"