Concello de Vimianzo
28 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

30-04-2021

Vimianzo e Laxe presentan a ruta de sendeirismo “Paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba”

Os Concellos de Vimianzo e Laxe presentaron esta mañá, de maneira conxunta, a ruta de sendeirismo “Paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba”, nun acto que tivo lugar na “Cachucha”, un dos elementos pétreos máis singulares de todo o percorrido.

Acudiron a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez; a concelleira de Benestar Social, María José Pose; a Concelleira de Cultura, Rosa Blanco; o concelleiro do Partido Popular de Vimianzo, Kiko Calzas; o alcalde de Laxe, José Luis Pérez Añón; o concelleiro de Obras do Concello de Laxe, Eulogio Castiñeira; a concelleira de Turismo de Laxe, Raquel Lema e a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo e os técnicos de Turismo de Deportes de ambos Concellos.

A ruta que se presentou hoxe de maneira oficial aproveita sendeiros tradicionais e servidumes de paso, a través das cales é posible percorrer unha dorsal que se alonga dende a Torre da Moa, pasando pola Pena Forcada, ata o Outeiro da Cachucha, con miradoiros naturais únicos sobre o Val de Traba.
Este espazo alberga tamén unha importante variedade de flora na que predominan as matogueiras coma os toxos, uces, breixos e sobre todo as queirugas, catalogadas como hábitat de interese comunitario pola Unión Europea.

Esta ruta contempla un traxecto lineal, Pasarela-Traba e á inversa, e dous percorridos circulares, un con saída de Pasarela e outro desde o aparcamento do cruce do Bañal. As actuacións leváronse a cabo despois de obter a pertinente aprobación por parte do Servizo de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.

A sinalética permite orientar o tránsito polos Penedos e consiste en paneis de inicio da ruta, paneis informativos (con códigos QR que redirixen a Wikiloc do Concello de Vimianzo) de situación, sinalizacións direccionais tanto de circulación coma de identificación de pedras con imaxes, e paneis de recomendacións a ter en conta durante a visita. Estas actuacións foron cofinanciadas pola Axencia Galega de Turismo.
Coa creación e sinalización desta ruta de sendeirismo culmina a primera fase do Plan de actuacións na Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, deseñado polos Concellos de Laxe e Vimianzo. Xa se está a traballar nas seguintes fases, relativas a obras, equipamentos e medios de divulgación.

Antes da homolgación da ruta, buscaranse novos elementos xeograníticos que están catalogados pero que non son accesibles nestes momentos polas condicións do terreo e a grande concentración de maleza atopada, e probablemente se engadan novos sendeiros para chegar a elas. Podemos concluír, polo tanto, que é un espazo que aínda ten alguna que outra sorpresa reservada, sendo un lugar sin parangón en toda a Comunidade Autónoma.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, remarcou que pola situación actual “tivemos que presentar hoxe” esta singular iniciativa, pendente desde outubro pero que polo contexto sanitario “non puidemos levar adiante ata hoxe”. “Moitas grazas ao persoal técnico de ambos Concellos, en especial a María e Víctor, así como ás concelleiras de Turismo, Raquel e Rosa. É un pracer traballar conxuntamente co Concello de Laxe, creo que é importantísimo traballar en equipo e poder seguir esta liña, e continuaremos pedíndolle axudas ás administración para poder seguir con esta posta en valor deste lugar tan especial”, e tamén engadiu os agradecementos a “Belén Docampo, cunha importantísima visita de campo, porque considero que é moi importante ver o que temos para poder facernos unha idea do que supón natural, patrimonial e paisaxísticamente”, concluiu.
Pola súa banda, José Luis Pérez Añón, alcalde de Laxe, quixo “agradecer tanto a técnicos como concelleiros e concelleiras polo seu traballo. Este é un paraxe precioso e temos o deber de poñelo en valor para que a xente o poida coñecer”, argumentou.

Belén Docampo, directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, por último, destacou que “xa en febreiro ambos alcaldes me comentaron a situación dos Penedos de Pasarela e Traba e incidiron na posibilidade de que eu estivese aquí para contemplar esta beleza. Quero felicitar a ambos técnicos, Víctor e María, polas súas explicacións, xa que é unha parte fundamental para preservar e dar a coñecer espazos como este: a divulgación. Desde a Xunta de Galicia somos conscientes de que estes espazos están dentro da Rede de Espacios Protexidos, e temos que coidar deles. Tedes aberta a man da Consellería de Medio Ambiente e da Xunta de Galicia, porque este é un lugar que ten que coñecer a xente, convertíndose nun punto de referencia e nós queremos poñelo non só no mapa da provincia da Coruña, senón de toda Galicia e tamén en toda España”, finalizou.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X