Concello de Vimianzo
28 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

31-03-2021

O Concello adxudica por tres anos o contrato de mantemento e reparacións urxentes por un valor de 151.871,99 euros anuais

O Concello de Vimianzo acaba de adxudicar por tres anos o contrato de mantemento e reparacións urxentes por un valor de 151.871,99 euros cada anualidade, xa que debido á situación climatolóxica dos derradeiros meses faise necesario iniciar o antes posible iniciar o mantemento para manter  en bo estado as pistas e elementos de drenaxe.

“Queremos que o noso concello, os seus 133 núcleos conten cunha imaxe apropiada. Que os accesos ás vías municipais e o resto de espazos estean en boas condicións”, argumenta o tenente de alcaldesa, Víctor Muíño, quen avanza que “é a primeira vez que se vai comezar con este servizo na primeira quincena de abril.”

Así, os servizos que entrarían neste contrato serían o de saneamento e limpeza en áreas urbanas ou rurais; o procedemento de roza nos paramentos; o de reparación, mantemento e servizos asociados relacionados coas estradas municipais que comunican as 14 parroquias; de mantemento de árbores; de eliminación de maleza e roza; de poda de árbores e setos; de limpeza e tratamento de parques infantís, áreas recreativas e merendeiros; de limpeza e barrido de rúas e beirarrúas; de limpeza e baleirado de sumidoiros; de limpeza de pintadas e limpeza de aparcadoiros, así como a limpeza de prazas públicas.

Con este servizo garantirase o mantemento do patrimonio do municipio en boas condicións, coa conseguinte proxección da boa imaxe para o turismo, coidando os accesos tanto ás rutas de senderismo, como á dos dolmens ou resto de emprazamentos de especial interese, como os penedos de Pasarela e Traba ou o porto de Cereixo.

O tenente de alcaldesa, Víctor Muíño, insiste na necesidade “real en todo o termo municipal de garantir para a veciñanza unha cobertura total deste tipo de servizos, imprescindible para que os espazos públicos de Vimianzo conten coas condicións axeitadas durante todo o ano, máis despois dunha época de chuvias como a que estamos a vivir”, incide, ao mesmo tempo que adiantou que “o equipo de xardinaría xa traballa arreo para preparar as nosas zonas verdes de cara á primavera.”

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X