Concello de Vimianzo
28 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

29-03-2021

Vimianzo aproba proxectos de gran calado para o municipio por un valor de 4,8 millóns de euros

O Concello de Vimianzo celebrou o 26/03/21 unha sesión plenaria na que saíron adiante proxectos de gran calado para o municipio por un valor de 4.851.385,88 euros, entre os que destacan o proxecto de renovación da iluminación cunha subvención do IDAE, a nova licitación do Servizo de Axuda no Fogar e unha modificación orzamentaria por valor de 375.484,28 euros.

O punto no que houbo máis discrepancias foi no segundo, no “ditame sobre a aprobación do expediente de contratación do proxecto do alumeado exterior”, ao presentar Adiante Vimianzo unha enmenda na que cuestionaba os criterios de contratación.

O goberno local, ante isto, manifestou que se decide nun balance onde os criterios avaliables mediante xuízos de valor contabilizan 45 puntos, e os criterios de valoración automática supoñen 55 puntos do total, buscando sempre a mellor calidade prezo para obter o mellor resultado tanto na obra como no subministro. Adiante Vimianzo votou en contra, o Partido Popular abstívose e o grupo de goberno votou favorablemente este proxecto.
Houbo unanimidade no terceiro punto, sobre o “ditame sobre a aprobación do expediente de contratación do Servizo de Axuda no Fogar”. A licitación ofrecerase por catro anos, baixo a fórmula 2+1+1, e suporá un total de 2.175.901,6 euros. Trátase, en palabras do goberno local, dun servizo “prioritario” para a veciñanza máis maior, e “queremos que Vimianzo volva a ser un referente nos servizos sociais.”

Conseguirase así un aforro de máis do 50% para as arcas municipais no que respecta á facturación deste servizo, implementándose a tecnoloxía LED, máis eficiente e con menor impacto ambiental. Cabe destacar que estas luminarias empregan o 95% da enerxía da luz e tan só se desperdicia un 5% en calor, facéndoas máis duradeiras. Renovaranse 4010 puntos de luz en todo o municipio.

Tamén se considerou aprobada a modificación orzamentaria presentada polo goberno local, de 375.484,28 euros, que se destinarán á mellora do paseo de Cereixo, para arranxo do firme e ampliación da ponte en Baíñas, o arranxo de diversos camiños municipais, reparación da ponte da Casiña, substitución de nova sinalización viaria e sinaléctica denominativa dalgúns dos núcleos do municipio, cambio de elementos en diversos parques infantís e pavimentación dun tramo na Gándara.

Aprobouse tamén a moción presentada por Adiante Vimianzo sobre as alegacións ao parque eólico de Berdoias e a súa estrutura de evacuación por unanimidade, pola “protección do noso patrimonio”, argumentaron os grupos.

O Partido Socialista de Vimianzo presentou tamén unha moción para apoiar a integración nun CRA das Escolas Unitarias de Carantoña, Carnés, Traba, Castromil, CEIP de Camelle e CEIP de Torrexallóns. Foi aprobada por unanimidade.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, ao rematar a sesión, cualificou a aprobación destes proxectos como “un antes e un despois do noso municipio. Son intervencións moi necesarias e coas que realmente daremos un salto cualitativo moi grande, incrementando o benestar das nosas veciñas y veciños”, argumentou.

Lamentou, por outra banda, que “as críticas por parte de Adiante Vimianzo tratando de desestabilizar o traballo por parte do grupo de goberno, evitando dicir en todo momento que estes proxectos son imprescindibles.”

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X