Concello de Vimianzo
28 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

22-03-2021

O Concello abre o prazo para solicitar as axudas de hostalaría para paliar os efectos da crise provocada pola covid-19

O Concello de Vimianzo abre mañá o prazo para que os locais de hostalaría poidan solicitar as axudas para paliar os efectos da crise provocada pola pandemia do coronavirus. A partida orzamentaria que a Administración local destinou para este fin ascende a 40.000 euros.

Cada negocio poderá recibir unha contía de ata 600 euros, e alcaldesa, Mónica Rodríguez, avanza “futuros plans para artellar axudas dirixidas a outros sectores económicos de Vimianzo.”

A finalidade destas axudas é a de conceder axudas dirixidas a financiar os gastos correntes das persoas traballadoras por conta propia ou autónomas e ás microempresas radicadas no termo municipal de Vimianzo, directamente afectados pola crise sanitaria ocasionada pola covid-19, e do sector hostaleiro, que se viron máis afectados coas últimas medidas derivadas da pandemia.

As solicitudes presentaranse por vía telemática a través da sede electrónica do Concello a partir de mañá, martes 23 de marzo.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo amosar a súa cautela ante a situación, xa que “non sabemos o que vai acontecer en xuño. Levamos moito tempo pechados e debemos ser precavidos. Temos que atender o avance da situación, porque ademais tamén estamos estudando axudas para outros sectores. Quixemos darlle prioridade á hostalaría porque é a que máis tempo leva pechada e sen poder facturar; temos a esperanza de que outras administracións colaboren e así poder chegar a unha solución óptima para todas e todos, e sobre todo, reverter esta difícil situación”, achega a alcaldesa, quen quixo enviar “unha mensaxe de ánimo para todas as persoas que rexentan un negocio baixo estas condicións, e transmitir que non estades soas e sós: traballamos e traballaremos para poder paliar os efectos desta devastadora crise sanitaria, que tamén o é económica”, sentenciou.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X