Concello de Vimianzo
21 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

08-03-2021

O Concello proxecta unha reforma integral do ximnasio municipal por un total de 172.620,06 euros

O Concello de Vimianzo proxecta unha reforma integral nunha das instalacións con máis demanda de todas as de competencia municipal: o ximnasio. O proxecto contará cun orzamento de case 173.000 euros.

A idea é poder contar cunha infraestrutura completamente renovada e “adaptada ao novo contexto”, sinala o concelleiro de Deportes, Mario Andújar. Así, plantéxase a reforma do primeiro andar para a adecuación do espazo ás necesidades das persoas usuarias, e para elo proponse a redistribución de todo este espazo, deixando toda a planta diáfana para o uso como ximnasio, cun pequeno aseo adaptado.

No novo deseño do espazo están previstas cinco zonas claramente definidas: unha zona de cardio, con vistas ao exterior por medio dunha gran zona acristalada; un corredor de arrastre, en herba artificial; a zona de musculación; unha zona de peso morto e unha zona destinada a estiramentos, ámbalas dúas rematadas con losetas de caucho. Redimensionaranse os espazos de luz para dotar de maior iluminación a todo o primeiro andar, e adaptarase a instalación de fontanería e saneamento para dar servizo ao novo aseo adaptado.

Na zona do porche na planta baixa realizarase unha peza de pedra en formigón armado e instalarase unha varanda en todo o perímetro. Limparanse e pintaranse todas as fachadas do edificio con pintura de acabado mate.

O concelleiro de Deportes, Mario Andújar, confía así en “dotar ao noso municipio dun complexo deportivo acorde ás necesidades das persoas usuarias, un espazo con moita demanda e cuxas intervencións responden precisamente a isto, ao que xa nos viña trasladando a veciñanza desde que comezamos a gobernar”, finaliza. 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X