Concello de Vimianzo
28 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

01-03-2021

Vimianzo recibe a visita da subdelegada do Goberno para coñecer os desperfectos provocados pola borrasca Karim

Os danos provocados hai dúas semanas tras o paso da borrasca Karim por Galicia é un tema que preocupa, e moito, aos rexedores e rexedoras da terra de Soneira.
 
Vimianzo recibiu hoxe a visita da subdelegada do Goberno, Pilar López- Rioboo, quen se trasladou ata a zona para coñecer de primeira man os desperfectos ocasionados e a súa magnitude.
 
Ata o municipio tamén acudiu María Dolores Gómez, a responsable de Protección Civil en Galicia, para explicarlles de primeira man aos rexedores e rexedoras do municipio soneirán, Camariñas, Muxía, Cee, Dumbría e Ponteceso o procedemento técnico a seguir para poder subsanar os danos, así como explicarlles a normativa e que danos poden ser obxecto de protección económica.
 
O prazo para presentar as solicitudes de axuda é dun mes desde o día seguinte ao de finalización do feito causante da situación de emerxencia. As subvencións en atención a determinadas necesidades derivadas de situacións de emerxencia ou natureza catastrófica, establecido no Real Decreto 307/2005, de 18 de marzo, van dirixidas a unidades familiares, corporacións locais, comunidades de propietarios ou titulares de establecementos mercantís, industriais ou de servizos. Pódese obter máis información en www.proteccioncivil.es, no apartado “Axudas e subvencións”.
 
A subdelegada do Goberno, Pilar López-Rioboo, sinalou que “estudaremos as posibles solucións para paliar os efectos da borrasca Karim e que causou danos en espazos tanto públicos como privados.”
 
A alcaldesa de Vimianzo quixo agradecer a vontade “tanto de Subdelegación como da subdelegada do Goberno, que hoxe nos acompaña aquí, e tamén a María Dolores, como directora de Protección Civil, para coñecer en primeira instancia os danos provocados pola borrasca Karim. Somos concellos con danos importantes e precisamos axudas, así como coñecer a cales nos podemos acoller porque os danos nas vías municipais e nos edificios públicos son considerables.”
 
A rexedora destacou a importancia “do mantemento diario tanto en cunetas, sumidoiros e demais espazos, xa que estas actuacións que se levan a cabo durante todo o ano minimizaron o impacto do temporal, e aínda así os danos son cuantiosos en moitos lugares de Vimianzo”, destacou.
 
A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, sinalou que “é moi importante actuar á maior celeridade posible, xa que hai actuacións que demandan unha intervención axiña e ser coñecedores tanto da lexislación como dos parámetros técnicos axudaranos a reaccionar ante os efectos do temporal”.
 
Pola súa banda, o alcalde de Muxía, Iago Toba, recalcou a “necesidade inmediata de obter cobertura tanto técnica como económica para poder subsanar os danos provocados por esta borrasca. Son moitas as vías e camiños municipais afectados e a coordinación entre administracións será fundamental para reverter a situación”, finalizou.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X