26-02-2021
O Concello abrirá o Castelo de Vimianzo e os Batáns de Mosquetín namentres plantexa facer o mesmo coa feira
O xoves 25 de febreiro, tivo lugar unha Comisión de seguimento da covid-19 debido ao levantamento nas restricións a partir de mañá, venres 26 de febreiro. O Concello de Vimianzo abrirá a partir do martes o Castelo e os Batáns de Mosquetín, e plantéxase facer o mesmo coa feira do vindeiro xoves, que se celebrará pero aínda non se acordaron definitivamente os termos de dita apertura.
Esta Comisión celebrouse esta mañá e participaron na mesma a alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Benestar Social, María José Pose; a traballadora social e representantes de Policía Local e o sarxento da Garda Civil.
As instalacións deportivas municipais volverán abrirse, coa salvedade da pista de pádel, danada pola pasada borrasca Karim e que está pendente da reparación, e do ximnasio municipal, no que está proxectado facer obras de acondicionamento.
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, sinala que “esta nova fase na que entra Vimianzo, con peche perimetral desde o pasado 30 de outubro, ten que servir como renacer da nosa sociedade, do noso comercio e da nosa vida como pobo”, e insiste en manter “en todo momento as medidas que nos fixeron chegar a este punto óptimo: mascarilla, lavado de mans e distancia social. Pido moita prudencia para non retroceder neste contexto”, finaliza.