Concello de Vimianzo
28 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

22-02-2021

Os Concellos de Muxía e Vimianzo encargan o proxecto para intervir na estrada que une Lago e Cereixo

Os Concellos de Muxía e Vimianzo veñen de encargar o proxecto para intervir na estrada que une Lago, en Muxía, e Cereixo, en Vimianzo.
 
Ambas administracións, “en perfecta sintonía”, reuníronse o 22/02/21 para concordar o equipo técnico ao que se lle encargará a redacción do mesmo, e que suporá “un paso moi importante para o devir desta obra e, consecuentemente, para a mellora infraestrutural que suporá para moitas e moitos veciños de ambos municipios”, sinalan.
 
O alcalde de Muxía, Iago Toba, sinala “a relevancia de conxuntar forzas con outras administracións para acadar importantes melloras en Muxía, e este é o camiño para que a nova estrada de Lago a Cereixo sexa unha realidade”.
 
Pola súa banda, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, quixo destacar a “total disposición e coordinación de ambos grupos de goberno para poder levar a cabo unha mellora nas conexións intermunicipais, na que se primará tamén a seguridade viaria”, comenta.
 
Posteriormente, tratarase este tema coa Deputación, unha das institucións coas que se leva tratando o tema “xa varios meses”, sinalan.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X