Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O sábado presentouse a programación de animación á lectura para as crianzas do concello. Un programa de actividades que se desenvolverá dous sábados ao mes durante oito meses. Manuel Antelo facía a presentación do cartel acompañado pola técnica de cultura, Nieves Lema, a bilbliotecaria. Pilar Lemus e as monitoras culturais Rocío Andújar e Eva Romero.
A programación desenvolverase arredor dunha temática diferente cada mes; asíteremos o mes do teatro (marzo), o do libro (abril); o mes das letras vivas (maio), o mes do noso (xuño), o dos contos populares (setembro), o da cociña entre libros (outubro), o mes da infancia (novembro) e o nadal entre libros (decembro). Cada mes haberá unha exposición na biblioteca acorde coa temática escollida. as actividades realizaranse dous sábados ao mes, un deles cun obradoiro a cargo das monitoras municiapais e o outro cunha animación a cargo dunha compañía. No mes de maio a escritora Conche Blanco, autora de múltiples obras infantís, terá un encontro na biblioteca cos nenos e nenas de Vimianzo; e no mes de setembro será outro escritor da Costa da Morte, Miro Villar, quen se achegue á biblioteca de Vimianzo.
O pasado sábado quedou inaugurada a exposición "teatro para crianzas" e o vindeiro sábado 17 ás 17 horas haberá "Contos de ovos" con Pablísimo.