Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O pasado sábado puidemos asistir na Casa da Cultura a un interesante coloquio sobre o papel da muller na nosa sociedade. Unha mesa redonda na que Encarna Otero, Viki Rivadulla e Nieves Lema, moderadas por Rosa Sánchez, nos levaron á reflexión sobre a importancia que a muller vén tendo ao longo dos anos na sociedade galega.
A primeira intervención, logo das pertinentes presentacións realizadas por Rosa Sánches, foi a técnica local Nieves Lema que se centrou no ámbito local, destacando a importancia que a nivel social tivo e ten a muller vimiancesa e como foi evolucionando a súapresertnza ao longo do tempo. Seguidamente Viki Rivadulla, técnica do concello de Muxía, ampliou o ámbito de reflexión á Costa da Morte, principalmente centrándose na muller do mar, un ámbito que coñece de primeira man. Encarna Otero fixo unha reflexión e análise máis ampla sobre o papel da muller na sociedade, as desiguiladades de xénero que se veñen dando na sociedade al longo dos anos e que aínda seguen presentes hoxe en día e a importancia da muller rural na economía actual.