Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Hoxe celebrouse na Casa da Cultura a entrega de premios do IX Concurso Anual de Postais de Nadal do Concello de Vimianzo dirixido á rapazada de educación Infantil e Primaria. No evento participou a alcaldesa, Mónica Rodríguez, a concelleira de Cultura, Rosa Blanc e a concelleira de Benestar, María José Pose.
Jimena Chao Lado, de 8 anos de idade, alzouse co primeiro premio do concurso. A obra desta aluma do CEIP Baíñas será a imaxe oficial de Nadal do Concello para o ano 2021. Así mesmo, en cada unha das catro categorías do concurso establecéronse dúas persoas premiadas:
Categoría A (4º,5º e 6º Educación Infantil): Joey Trillo Amigo (5 ano), do E.I. Carnés e Carla Baña Rodríguez (5 anos) do CEIP San Vicenzo.
Categoría B (1º e 2º Educación Primaria): Carmen Manuela Lavandeira Trillo (7 anos) do CEIP San Vicenzo e Raúl Platas Vázquez (7 anos) do CEIP San Vicenzo.
Categoría C (3º e 4º Educación Primaria): Mateo Monteagudo Mouzo (8 anos) do CEIP San Vicenzo e Jimena Chao Lado (8 anos).
Categoría D (5º e 6º Educación Primaria): Sara Infante Gándara (10 anos) do CEIP San Vicenzo e Nerea Pérez Muñoz (10 anos) do CEIP San Vicenzo.
Todas as nenas e nenos premiados recibiron como agasallo material didáctico. O xurado tivo que decidir entre un total de 80 postais (xa que aínda que se presentaron 87, 7 deles foron descartadas por non cumprir coas bases). O xurado estivo composto pola concelleira de Benestar Social, Igualdade, Ensino e Mocidade, Maria José Pose Pérez;atécnica de Cultura, Nieves Lema Vilariño; o técnico de Deportes, Victor Santos Vidal; a técnica auxiliar informática, Lorena Cernadas Soto; e a técnica en Xestión Cultural, Melina Regueira Varela.