01-12-2020
A veciñanza e o tecido comercial de Vimianzo xa pode solicitar os Vimi-Bonos e os Vimi-Rascas
A veciñanza e o tecido comercial de Vimianzo xa pode solicitar os Vimi-Bonos e os Vimi-Rascas. Pode consultarse toda a información no apartado da web adicado á campaña ‘Vimianzo medra contigo’.
As persoas empadroadas no municipio e maiores de 18 anos xa poden solicitar o Vimi-Bono, unha tarxeta con 25 euros para gastar nos establecementos adheridos á campaña. O prazo remata o vindeiro 23 de decembro e pode facerse de xeito telemático. As compras poderán facerse desde o día 16 de decembro ao día 30 de xaneiro de 2021.
Do mesmo xeito, os comercios poden solicitar unirse a esta iniciativa, tamén mediante un formulario en liña. O prazo estará aberto ata o día 11 de decembro. É condición indispensable dispoñer dun terminal de punto de venda (TPV).
O Concello de Vimianzo tamén pon á disposición das empresas de comercio e servizos do municipio os Vimi-Rascas, uns cartóns con agasallos sorpresa a consumir na hostalería de Vimianzo interesada en participar neste programa. Poden solicitarse ata o 1 de decembro.
Comezo da formación
O Concello de Vimianzo, dentro doutra acción da campaña de Nadal, dou comezo a formación para os comercios que requiriron participar nesta iniciativa. Así, en grupos reducidos, porase á súa disposición as ferramentas necesarias para posicionar o seu comercio en liña, empregar os recursos para a venda por Internet ou as destrezas para sacarlle o mellor partido ás redes sociais. Quen desexe inscribirse nesta formación, pode contactar co Concello no departamento de Promoción Económica.