25-11-2020
Gañadoras do Concurso de Microrrelatos
Estefanía Martínez, coa obra Vidas perdidas, convértese na primeira gañadora do Concurso de Microrrelatos contra a violencia de xénero promovido polo Concello de Vimianzo.
Carmen Toba, con Reminiscencias, acadou o segundo premio e Lorena Cernadas, con Amencer, fíxose co terceiro posto.
O xurado tamén acordou a selección dunha escolma coas obras de mellor calidade técnica e de contido relacionado coa temática, que son as de María Dolores Arajo, María Lestón, Samuel Blanco e Alba Sánchez.
O goberno local e o corpo de traballadoras e traballadores municipais gardaron esta mañá un minuto de silencio en conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Tivo lugar no paseo fluvial, na rúa Solín, ao pe dos bancos pintados en violeta por parte do alumnado do obradoiro de emprego.
A concelleira de Benestar Social, María José Pose, quixo destacar que agradeceu a “implicación detodos os colectivos para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, aínda no contexto no que estamos. Demostrouse e demostrarase, novamente, que Vimianzo di NON ante esta lacra”, sinalou.
Os bancos foron realizados polo alumnado/traballador do Programa de emprego "Xuventude polo Emprego". A este proxecto foille outorgada unha subvención por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria e enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89%.