Do 28-08-2024 ao 30-08-2024
O concello de Vimianzo e o IES Terra de Soneira organizaron unha marcha pola igualdade para conmemorar o Día internacional da Muller Traballadora. Os rapaces e rapazas do instituto percorreron as rúas de Vimianzo para rematar a concentración na praza do concello onde os agardaba o alcalde, o persoal do concello e numerosas persoas que quixeron unirse á loita pola igualdade. Os alumnos e alumnas portaron durante a marcha unha letras que ao chegar á praza colocaron formando a seguinte mensaxe: Marcha pola igualdade. Vimianzo 2012, que podemos ver agora penduradas do balcón do concello. Na praza puidemos oír palabras de Rosalía de Castro e Ana Romaní, da boca de profesoras e alumnas e Manuel Antelo pechou o acto agradecendo a paritcipación e colaboración de todos e todas as presentes, lembrando os pasos que aínda quedan por dar na sociedade para acadar unha verdadeira igualdade.