16-11-2020
Ampliación da rúa Gándara de Osa
O Concello de Vimianzo investirá máis de 200.000 euros no proxecto de mellora e ampliación da rúa Gándara de Osa. Actuarase entre a estrada AC-552 e o cruce cara Sansobre.
Dotarase a esta vía dun novo firme, ensanchándoo de xeito que quede composto por dous carrís de circulación con zona de aparcamento e beiravía peonil nunha das marxes e nun dos tramos, así como das instalacións de evacuacións de pluviais, así como a instalación e colocación dunha nova rede de alumeado público.
Tamén se plantexa o soterramento do cableado en dous dos tramos da actuación, así como a construción dunha beiravía peonil no segundo tramo da actuación, a partires do primeiro cruce. Realizarase o recrecido de arquetas e bocas dos outros servizos existentes.
Desde o grupo de goberno, advírtese da “relevancia destes traballos, que se suman a outros que xa están en execución ou en proxecto de comezar nun breve prazo de tempo, e que servirán para mellorar as conexións dos núcleos de Vimianzo, así como para dotar de mellores servizos á veciñanza. Seguimos neste camiño para mellorar todo o noso municipio. As 14 parroquias”, aseguran.