Concello de Vimianzo
28 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

11-11-2020

Vimianzo mellorará a pavimentación que une os núcleos de Devesa e Casiña, do que une o cemiterio de Cures con Mouzo e do vial en Tufións

O Concello de Vimianzo mellorará a pavimentación que une os núcleos de Devesa e Casiña, do que une o cemiterio de Cures con Mouzo e do vial en Tufións. O proxecto, financiado polo POS+ 2020 da Deputación Provincial da Coruña, contará cun importe de 96.988,7 euros e terá un prazo de execución de catro meses desde o comezo dos mesmos.

A actuación consistirá na renovación do pavimento actual, que é de zahorra nos tres casos, para aplicarlle asfalto e así solventar a problemática que supón o seu estado actual tanto para peóns como para condutores. Procederase tamén á limpeza de cunetas e perfilaranse con motoniveladora, para que cumpran así as funcións de evacuación da auga da choiva.

O edil de Obras, Miguel Ángel Pérez, remarca da “necesidade destes traballos, que necesitaban destas intervencións para mellorar así tanto as conexións interparroquiais como optimizar a seguridade tanto de peóns como de condutores e condutoras”, destaca o edil.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X