04-11-2020
VIMIANZO CONTINÚA EN ALERTA VERMELLA
Publícase un novo Diario Oficial de Galicia, que atende á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Lembramos que o Concello de Vimianzo continúa en nivel de alerta VERMELLA pola incidencia da COVID-19 no noso municipio.
Imponse, no momento actual, a necesidade de adoptar novas medidas. Entrarán en vigor o vindeiro día 7 de novembro ás 00:00 horas. Entre elas, destacamos:
- No respectivo ás actividades en cines, teatros, auditorios, e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas non pechadas temporalmente, será de aplicación un límite máximo de TRINTA persoas para lugares pechados e de SETENTA E CINCO persoas se se trata de actividades ao aire libre.
- A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, sempre que, neste último caso, todas as persoas do grupo sexan conviventes, sen contar, se é o caso, o monitor.
- Con carácter xeral, calquera outro local ou establecemento comercial para o cal non se recollan expresamente unhas condicións de capacidade NESTA ORDE, nin en protocolos ou normativa específica que lle sexa aplicable, non poderá superar o CINCUENTA POR CENTO da capacidade autorizada ou establecida. En calquera caso, deberase respectar un máximo de TRINTA persoas para lugares pechados e de SETENTA E CINCO persoas se se trata de actividades ao aire libre.
- Os establecementos de restauración permanecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria.
- Os establecementos de restauración de centros sanitarios ou de traballo que limiten a súa actividade aos traballadores deles ou, no caso dos centros sanitarios tamén a acompañantes de doentes, poderán manter o servizo de cafetaría, bar e restaurante. Non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade. O consumo dentro do local poderá realizarse unicamente sentado na mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes. A ocupación máxima será de CINCO persoas por mesa ou agrupación de mesas e deberán ser todas elas conviventes.
Ligazóns