Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Nenas e nenos dos colexios de Baíñas e Vimianzo participan estes días na Casa da Cultura nun obradoiro para analizar as causas da desigualdade de xénero axudados pola psicóloga e a educadora social do concello. Estes obradoiros, que se desenvolverán ata o mércores día 7, forman parte do programa de actividades do Día Internacional da Muller Traballadora e con eles preténdese levar á reflexión aos nenos e nenas sobre a necesidade da celebración dun Día da Muller Traballadora.
Logo dunha breve introdución teórica proxéctase un audivisual no que deben analizar aspectos de desigualdade de xénero da que deben sacar as súas conclusións. Finalmente os nenos e nenas deberán completar as follas dunha árbore xigante valorando a maior presenza masculina ou feminina segundo o tema que se trate. Unha vez completada a árbore os escolares sacarán as súas propias conclusión sobre as raíces, as causas e as consecuencias da desigualdade de xénero.