03-11-2020
A XUNTA ANUNCIOU MEDIDAS DE PREVENCIÓN
Ante a situación epidemiolóxica no Concello de Vimianzo, a Xunta anunciou medidas de prevención para frear os contaxios, as cales quedan recollidas en:
DOG 30/10/2020:- Restrínxese a entrada e saída de persoas no municipio.
- As reunións en espazos públicos ou privados limítanse ás persoas conviventes.
DOG 31/10/2020. Restricións en diferentes áreas, entre as que se inclúen:
HOSTALERÍA
Restaurantes:
- Non poderán superar o 50% da súa capacidade na zona de comedor.
- O consumo dentro do local: só sentado na mesa mantendo distancia.
- Non se permite consumo en barra e na zona de cafetería ou bar.
- As terrazas o aire libre non poderán superar o 50% das mesas permitidas.
- Manterase a distancia de seguridade interpersoal entre mesas, cunha ocupación máxima de cinco persoas/mesa, sendo convivintes.
Bares e cafeterías:
- Non se poderá consumir no interior do local.
- As terrazas o aire libre non poderán superar o 50% da das mesas permitidas.
- Manterase a distancia de seguridade interpersoal entre as mesas, cunha ocupación máxima de cinco persoas/mesa, sendo convivintes.
COMERCIO
Os locais ou establecementos comerciais non poderá superar o 50% do aforo, cun máximo de 30 persoas en lugares pechados e 75 ao aire libre.
Ligazóns