Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Real Decreto-lei 20/2020, do 29 de maio, polo que se establece o ingreso mínimo vital(BOE nº 154 do 1 de xuño de 2020)
Obxecto: prestación no contributiva da Seguridade Social que garante uns ingresos mínimos a quen carece de eles. Está dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que viven soas ou integradas nunha unidade de convivencia , cando se atopen nunha situación de vulnerabilidade económica por carecer de recursos económicos suficientes para a cobertura das súas necesidades básicas.
Requisitos:
- Ter entre 23 e 65 años, ou 18 años si hai menores a cargo.
- Cumprir un ano de residencia legal efectiva en España de forma continuada.
- Ter vivido independente polo menos 1 ano no caso de familias e 3 anos no caso de persoas que viven solas. No caso de persoas que viven solas, ter cotizado polo menos 1 ano á Seguridade Social.
- Haber solicitado previamente as prestacións as que se puidera ter dereito.
- Estar inscritas como demandantes de emprego.
- Non superar o nivel de ingresos e patrimonio.
* Non será necesario para persoas vítimas de trata de seres humanos e de explotación sexual e mulleres vítimas de violencia de xénero.
Nivel máximo de ingresos para poder percibila
Os ingresos da persoa ou da unidade familiar deben ser inferiores á renda garantida.
¿Para que período de tempo se calculan os ingresos máximos?
- O IMV pode solicitarse si os ingresos totais do ano anterior son inferiores á renda garantida anual segundo o número de persoas que formen a unidade de convivencia.
Exemplo: 5.500 euros aproximadamente para unha persoa sola e hasta 12.000 euros aproximadamente como máximo para o caso dunha parella con 3 fillos.
- Tamén se pode solicitar si durante o tempo transcorrido do ano actual os ingresos obtidos en termos anuais están por debaixo desta cifra.
Vulnerabilidade económica: Apreciarase que concorre este requisito cando a media mensual do conxunto de ingresos e rendas anuais computables da persoa beneficiaria individual ou do conxunto de membros da unidade de convivencia, correspondentes ao exercicio anterior sexa inferior, polo menos en 10 euros, á contía mensual da renda garantida con esta prestación que corresponda en función da modalidade e do número de membros da unidade de convivencia e non dispoñer de patrimonio con valor superior as contías seguintes:
| Escala de Incrementos | Límite euros |
Un adulto solo | 16,614 | 16.614,00 |
Un adulto y un menor | 1,4 | 23.259,60 |
Un adulto y dos menores | 1,8 | 29.905,20 |
Un adulto y tres o más menores | 2,2 | 36.550,80 |
Dos adultos | 1,4 | 23.259,60 |
Dos adultos y un menor | 1,8 | 29.905,20 |
Dos adultos y dos menores | 2,2 | 36.550,80 |
Dos adultos y tres o más menores | 2,6 | 43.196,40 |
Tres adultos | 1,8 | 29.905,20 |
Tres adultos y un menor | 2,2 | 36.550,80 |
Tres adultos y dos o más menores | 2,6 | 43.196,40 |
Cuatro adultos | 2,2 | 36.550,80 |
Cuatro adultos y un menor | 2,6 | 43.196,40 |
Otros | 2,6 | 43.196,40 |
Por norma xeral os ingresos computables son todos os do ano anterior da persoa ou das persoas que forman parte da unidade de convivencia. Este ano haberá un réxime excepcional para persoas que non perciban prestación ou subsidio de desemprego, unicamente para o cómputo de rendas e que a situación de vulnerabilidade se producira durante o ano en curso e os ingresos do ano 2019 non superen o 50% dos límites establecidos para todos a unidade de convivencia; no ano 2021 procederase á regularización.
Unidade de convivencia: con carácter xeral, persoas que residen nun mesmo domicilio unidas por matrimonio, parellas de feito ou por vínculo ata o segundo grado de consanguinidade, afinidade, garda con fines de adopción ou acollemento familiar permanente.
Contía do IMV: será a diferencia entre os ingresos mensuais que teña a persoa ou unidade de convivencia e a renda garantida sendo as contías máximas as seguintes:
a) 461,50 euros ao mes para una persoa adulta que viva soa con 12 pagas anuais.
b) No caso dunha unidade de convivencia a contía mensual da letra a) incrementarase nun 30 % por membro adicional a partir do segundo ata un máximo do 220 %.
1.Á contía mensual da letra b) sumarase un complemento de monoparentalidad equivalente a un 22 % da contía da letra a) no caso de que a unidade de convivencia sexa monoparental. Entenderase por unidade de convivencia monoparental a constituída por un só adulto cun ou máis fillos menores cos que conviva, ou un ou máis menores en réxime de acollemento familiar permanente ou garda con fins de adopción ao seu cargo, cando constitúe o sustentador único da unidade de convivencia.
Unidade de convivencia | Anual | Mensual |
Un adulto só | 5.538,00 € | 461,50 € |
Un adulto e un menor | 8.417,76 € | 701,48 € |
Un adulto e dous menores | 10.079,16 € | 839,93 € |
Un adulto e tres o máis menores | 11.740,56 € | 978,38 € |
Dous adultos | 7.199,40 € | 599,95 € |
Dous adultos e un menor | 8.860,80 € | 738,40 € |
Dous adultos e dous menores | 10.522,20 € | 876,85 € |
Dous adultos e tres ou máis menores | 12.183,60 € | 1.015,30 € |
Tres adultos | 8.860,80 € | 738,40 € |
Tres adultos e un menor | 10.522,20 € | 876,85 € |
Tres adultos e dous ou máis nenos/as | 12.183,60 € | 1.015,30 € |
Catro adultos | 10.522,20 € | 876,85 € |
Catro adultos e un neno/a | 12.183,60 € | 1.015,30 € |
Outras | 12.183,60 € | 1.015,30 € |
Contémplanse incrementos nas contías da prestación cando se acrediten gastos de alugueiro da vivenda habitual.
É compatible con outros ingresos , incluídos os laborais e obtidos por traballadores autónomos sempre que non se supere o límite establecido.
Outros beneficios:
-Estarán exentos da achega da prestación farmacéutica ambulatoria.
- As persoas que se lles recoñece o ingreso mínimo vital nos meses de xuño a decembro de 2020 estarán exentos do pago dos prezos públicos por servizos académicos universitarios si lle foi denegada a súa concesión de beca por superar os limites de renda e patrimonio durante o curso 2020/2021.
Prazo e efectos económicos: poderase solicitar desde o 15 de xuño e si se pide ata o 15 de setembro terá carácter retroactivo desde o 1 de xuño. Si se presenta con posterioridade ao 15 de setembro os efectos económicos fixaranse o día primeiro do mes seguinte á presentación da solicitude.
Prestación transitoria: concederase de oficio ás familias beneficiarias da prestación familiar por fillo a cargo constituída unicamente polo beneficiario e os menores sempre e cando cumpran os requisitos establecidos na Lei.
Réxime excepcional por carencia de rendas: persoas que non perciben prestacións ou subsidios de desemprego poderán presentar a solicitude si se atopan en situación de vulnerabilidade económica producida durante o ano 2020 e que os ingresos no ano 2019 non superen o 50% do límite establecido para a unidade de convivencia.
Solicitude e documentación: realizarase no modelo normalizado acompañada da documentación necesaria para xustificar o cumprimento dos requisitos, preferiblemente polos canais telemáticos (sede electrónica da Seguridade Social, na que haberá un asistente virtual e un simulador).
Mais información na Seguridade social: www.seg-social.es
Teléfono gratuíto 900202222