Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que s eestablecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e labora, por reducción da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, cofinanciada polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código do procedemento SI440A).
Obxecto:
Convocatoria de axudas para a conciliación da vida familiar e laboral para familias que entre o 1 de xullo do 2019 e o 30 de xuño do 2020, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para coidado de fillas e fillos.
Beneficiarios:
Persoas físicas que se acollan á medidas de reducción de xornada para o coidado dun fillo ou filla menor de 3 anos, ou menor de 12 anos cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%.
Requisitos:
- Estar empadronados nalgún concello de Galicia dende o 1 de xaneiro de 2019 e manter esta condición
- Convivir co fillo ou filla
- Os ingresos da unidade familiar non superen 7 veces IPREM para o ano 2019 (3764,88€)
- A reducción da xornada sexa dun mínimo do 12,5 % e se manteña esta situación un mínimo de 60 dóas naturais ininterrompidos.
Contía das axudas:
Irán en función da porcentaxe de reducción da xornada laboral e da súa duración, en atención ao número de fillas ou fillos a cargo da persoa solicitante.
Solicitudes:
Serán presentadas obrigatoriamente por medios electrónicos a través da Sede da Xunta
O prazo de presentación será dun mes dende o día siguiente a súa públicación no DOG (13 xuño-13 xullo)