02-03-2012
Unha semana de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora
Os departamentos de Promoción económica, Cultura e Benestar Social e Igualdade prepararon un programa de actividades para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. Diferentes actividades que se desenvolverán desde o venres día 2 ata o sábado día 10 de marzo, que pretenden abranguer a totalidade da sociedade e levar a unha reflexión sobre a desigualdade de xénero que aínda persiste no noso contorno.
O venres día 2 e o luns día 5 proxectaranse no telecentro dous audiovisuais titi¡ulados "Mans de homes" e "Mans de mulleres". Desde o luns 5 ata o mércores 7 na Casa da Cultura de Vimianzo teremos programación infantil, os nenos e nenas dos colexios de Baíñas e Vimianzo analizarán as causas da desigualdade de xénero a través das pólas dunha árbore xigante na Casa da Cultura.
O xoves 8 de marzo, o Día Internacional Da Muller Traballadora, unha Marcha pola igualdade sairá do IES Terra de Soneira ás 12 da mañá e percorrerá as principais rúas de Vimianzo para chegar ás 12.30 horas á Praza do Concello, onde será recibida polo alcalde. Toda a xente que dexese poderá achegarse á praza do concello para participar da pequena sorpresa que nos teñen preparada os alumnos e alumnas do instituto.
O venres 9, na Casa da Cultura proxectarase a película "En terra de homes", un filme no que está presetne a reivindicación do papel da muller na sociedade. E como colofón dos actos o sábado haberá unha charla-coloquio sobre "O papel da muller na Costa da Morte" coa presenza da reciñecida feminista Encarna Otero; da técnica do concello de Muxía, Viki Rivadulla; e da técnica do concello de Vimianzo, Nieves Lema.
Podes consultar aquí o programa completo
Descargas