Concello de Vimianzo
23 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Convocatorias

30-03-2020

Axudas directas a usuarios gratuítos e semigratuitos de comedor escolar

A Xunta de Galicia lanza unha orde de axudas ás familias das alumnas e alumnos que posúen a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.

As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.
Para estes efectos, e tendo en conta que o importe máximo do prezo púlbico de comedor ou tarifa se fixa en 4,50 euros por menú e día e que neste concepto se inclúen non só os custes da materia prima senón tamén os do persoal, consumos de mantemento, etc.

Poderán ser beneficiarias destas compensacións as familias cun ou máis fillas/os escolarizados en centros públicos xestionados pola consellería que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro nas relación de comensais correspondentes ao 31 de xaneiro de 2020.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.

Alternativamente, para o suposto de que non sexa posible obter mecanismos de identificación, arbitrarase un sistema de captura das solicitudes nos centros educativos con identificación do solicitante a través de medios electrónicos ou telefónicos. Esta posibilidade anunciarase a través do portal educativo e dos portais dos centros educativos.

PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 06/04/2020

DÚBIDAS: para dúbidas, poderase chamar teléfono do CEIP SAN VICENZO no 881 866 532 en horario de 10:00 a 12:00 h ao longo desta semana. Non se atenderá de forma presencial.

Ligazóns

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X