Concello de Vimianzo
23 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

26-03-2020

Habilitamos unha liña telefónica para prestar o servizo de atención psicolóxica á veciñanza

O Concello de Vimianzo impulsa unha liña telefónica para prestar o servizo de atención psicolóxica á veciñanza. Este número estará dispoñible as 24 horas do día e será o 673 427 498. As persoas teñen garantido o anonimato, e este servizo será de balde.

Ante a aparición dun brote epidémico dunha enfermidade infecciosa como o COVID-19, as autoridades sanitarias e gubernamentais deben tomar medidas que limiten ao máximo a propagación da enfermidade e preocuparse por todos os aspectos derivados desta epidemia, que pode afectar a diferentes áreas da saúde.

Cada persoa reacciona de modo diferente a situacións estresantes. A situación de confinamento que estamos a vivir supón distanciamento social e aillamento, polo que as persoas poden experimentar ansiedade, preocupación ou medo.

Por iso, o Concello de Vimianzo decidiu habilitar unha liña de teléfono para o tratamento destes casos. A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, destaca que “é moi normal presentar un cadro deste tipo nunha situación de confinamento. Tratemos de normalizalo o máximo posible, porque non é algo raro nin algo anómalo. Poñemos a disposición das nosas veciñas e veciños este número de teléfono, porque ademais de coidarse físicamente, tamén se hai que coidar a nivel mental”, destaca a rexedora.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X