26-03-2020
ERTE: guías de tramitación
A Xunta de Galicia pon a disposición das empresas, autónomos e traballadores dúas infografías sobre a tramitación de expedientes de regulación de emprego (ERTE) por forza maior ou por causas económicas, técnicas, organizativas ou da produción motivados polo COVID-19.
ACTUALIZACIÓN segundo o Real Decreto Lei 9/2020, aprobado o pasado sábado 28 de marzo
PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE ERTE:- ERTE presentados antes da entrada en vigor do Real Decreto aprobado o pasado sábado: as empresas contan cun prazo de 5 días e, polo tanto, finaliza esta semana.
- ERTE que se presenten a partir do Real Decreto aprobado o pasado sábado: as empresas deberán comunicalo no prazo de 5 días desde que presenten a súa solicitude de ERTE.
Tel. información
Ademais, a Xunta ten habilitada a Liña Empresas, un teléfono gratuíto para atender consultas sobre a tramitación dos ERTE: 900 815 600