Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O pasado luns a xente de Vimianzo saiu á rúa para presenciar o desfile de entroido que contou coa participación de tres comparsas, oito grupos e numerosos disfraces individuais. Unha vez rematado o pasarrúas a praza do concello encheuse de xente para presenciar o concurso, onde o xurado, formado por representantes dos medios de comunicación da Costa da Morte (La Voz de Galicia, La opinón de A Coruña, Radio Nordés e quepasanacosta), terían o cometido de escoller os mellores disfraces.
O concurso comezou cos grupos entre os que puidemos ver un cocido de carnaval, dous espantallos, o show das bonecas, os ananos Perfeutiño e Veneranda, o Señor dos Aneis, as animadoras, os ananos bailaríns e os cabezudos. A continuación foi a quenda das comparsas: a comparsa Dancetekas chegou desde A India con elefante incluído; presenciamos en directo a voda da duquesa de Alba con Alfonso Díez e o Circo Trubisquiña presentou o espectáculo Había unha vez...
Finalmente os disfraces individuais foron pasando por diante do xurado para que puidesen facer a súa valoración.
Tras unha breve pausa de dilberación, mentres puidemos degustar as filloas que estiveron facendo na praza a Asociación de Amas de Casa, o portavoz do xurado anunciou os gañadores, para que o alcalde puidese entregar os seguintes premios:
- PREMIO AO MELLOR GRUPO: O SHOW DAS BONECAS (150 euros)
- PREMIO AO MELLOR GRUPO LOCAL: PERFEUTIÑO E VENERANDA (100 euros)
- PREMIO Á MELLOR COMPARSA: HABÍA UNHA VEZ... CIRCO TRUBISQUIÑA (300 euros)
- PREMIO Á MELLOR COMPARSA LOCAL: AS DANCETEKAS (200 euros)
- PREMIO AO MELLOR DISFRAZ INDIVIDUAL. TRANSFORMER (unha cea para 2 persoas nun dos restaurantes participantes nas Xornadas Vimianzo Gastronómico)
- PREMIO MELLORES DISFRACES INDIVIDUAIS INFANTÍS: unha MULLER NA VENTÁ, un pequeno QUIXOTE e unha GARDA CIVIL (un vale de 20 euros para canxear nas librerías ou xogueterías de Vimianzo)