Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Na gala do cine español do pasado domingo Vimianzo tamén tivo o seu momento de protagonismo, pois a película de animación Arrugas, da produtora Perro Verde Films, gañadora de dous galardóns, conta coa vimiancesa María Arochena Romero como produtora executiva. Arrugas alzouse cos Goyas ao mellor guión adaptado e á mellor película de animación e María quixo compartir coa familia e amigos de Vimianzo este éxito e esta fin de semana puidémola ver no castelo cos galadóns, acompañada tamén por Manuel Antelo, que non quixo deixar pasar a ocasión de felicitala.
Mais non só Vimianzo estivo presente con María Arochena na Gala dos Goya, senón que o actor vimiancés Martiño Rivas, que tanto éxito está acadando no cine español, foi o encargado de entregar o primeiro dos galardóns, mellor guión adaptado, á película Arrugas.
A gran noite do cine español foi tamén unha gran noite para Vimianzo, e desde o concello queremos darlle os parabéns a María Arochena polo éxito acadado, ben seguro que os viminceses e vimiancesas non se perderán esta película porque en Vimianzo estamos orgullosos do noso.