14-01-2020
As torres do Castelo de Vimianzo nun selo
As torres do Castelo de Vimianzo protagonizarán, durante o mes de xaneiro e xunto a outros monumentos da provincia da Coruña, un selo da serie especial de Correos dentro da campaña ‘Doce meses, doce sellos’.
Esta serie foi presentada polo director de Filatelia de Correos, Modesto Fraguas Herrera, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. O selo está formado por un mosaico de imaxes con distintos elementos característicos da provincia coruñesa, entre o que destacan as torres do noso castelo.
Este selo, cun valor facial de 65 céntimos, permitirá franquear unha carta con destino a calquera provincia española.