Concello de Vimianzo
21 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Convocatorias

03-01-2020

(Xunta de Galicia - DOGA nº 1 do 01/01/2020)

Prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero 2020


Normativa

Resolución do 17 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo. (DOG nº 1 do 2/1/2019) SI434A

Resolución do 13 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convoca para o ano 2020 a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo. (DOG nº 1 do 2/1/2020)

Obxecto

Proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor, ou da persoa que manteña sobre ela unha relación de dominación para os casos das mulleres vítimas de trata con fin de explotación sexual, e mais a tentar axudalas a romper coa situación de violencia, que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.

Requisitos das beneficiarias

  • Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica do seu agresor ou, no caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual, de dependencia da persoa que manteña sobre ela unha relación de dominación.
  • Ter cesado a convivencia co agresor, ou coa persoa que manteña sobre ela unha relación de dominación, no intervalo temporal que comprende os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Estar empadroada e ter residencia efectiva na CA de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, cando así o exixa a lexislación vixente, ter permiso de residencia. No caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual, será suficiente acreditar que posúen autorización de residencia por circunstancias excepcionais.
  • Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou ser de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor ou da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación, e/ou dispoñer dunhas rendas ou ingresos brutos mensuais iguais ou inferiores ao dobre do IPREM vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias .
  • Reunir na data de solicitude e manter ata que se resolva esta e durante a súa percepción os requisitos indicados anteriormente.
  • Non ter percibido esta axuda ou a axuda establecida no artigo 27º da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero con anterioridade.

A solicitante deberá reunir na data de solicitude e manter, ata que se resolva esta e durante a súa percepción os requisitos indicados no punto anterior.

Non poderán ser beneficiarias desta axuda as mulleres que, reunindo estes requisitos, xa percibisen con anterioridade esta ou a axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

Natureza e contía das prestacións

A axuda consiste nunha contía económica destinada directamente á beneficiaria, de carácter periódico, ata o máximo de 12 mensualidades, sempre que nese período subsistan as circunstancias polas que se concedeu. O cómputo do período empeza o mes da solicitude.

No suposto de que a solicitante estivese percibindo ingresos doutras axudas incompatibles con estas e renuncie a elas, detraerase do cómputo total o número de mensualidades coincidentes no período de percepción.

A contía da axuda establécese en función das rendas e ingresos da  solicitante en relación co IPREM para o ano 2018, de acordo coas seguintes especificacións:

Ingresos   ≤  IPREMIngresos  >  IPREM e ≤   1,5  IPREMIngresos  >  1,5 IPREM e ≤   2  IPREM
a) Con carácter xeral600 euros/mes300 euros/mes200 euros/mes
b) Con unha/un filla/o menor a cargo ou cando a vítima teña unha discapacidade ≥ 33%:650 euros/mes350 euros/mes250 euros/mes
c) Con unha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33%700 euros/mes400 euros/mes300 euros/mes
d) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo700 euros/mes400 euros/mes300 euros/mes
e) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo e algunha ou algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33%800 euros/mes500 euros/mes400 euros/mes
f) Con unha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 65% ou teñan recoñecido grao de dependencia800 euros/mes500 euros/mes400 euros/mes

Non se considerarán a cargo as/os menores emancipadas/os e/ou con ingresos mensuais brutos superiores ao IPREM vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

Incompatibilidades

Coa percepción de calquera outra establecida tanto polas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, como por calquera entidade privada destinadas ao mesmo fin.
Cando as solicitantes teñan solicitada ou perciban a RAI por vítima de violencia, farán constar expresamente esta circunstancia na declaración de axudas xunto coa solicitude, e nos casos que a soliciten con posterioridade deberán comunicalo de xeito inmediato. O órgano xestor daralles opción para que no prazo de 5 días manifeste a súa opción, indicándolles que as mensualidades coincidentes no período de percepción de ambas as dúas axudas minoran no mesmo número de meses desta axuda.

Así mesmo, deberase ter en conta que as normas reguladoras das axudas como a RISGA, PNCs e aqueloutros subsidios percibidos por carencia de recursos teñen límites distintos aos establecidos para esta axuda polo que a concesión da mesma deberase comunicar aos organismos responsables da xestión das axudas que estiveran a percibir.

Documentación

Solicitude presencial ou en liña (SI434A)

  • Documentación que xustifique os ingresos declarados no punto 1 do anexo I, de ser o caso (nómina, recibo ou resolución de calquera tipo de prestación ou subsidio...)
  • Acreditación da situación de violencia derivada de convivencia ou de situación de dominación no caso de vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, con algún dos documentos seguintes, que deben estar adoptados ou emitidos no intervalo temporal que comprende os 12 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude:
    1. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada polo/a secretario/a xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar. Terán que estar vixentes na data de presentación da solicitude e manterse na data da resolución desta axuda.
    2. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia de xénero ou documento xudicial que declare que a muller é vítima de trata de seres humanos con fins de explotación sexual. 
    3. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia e /ou de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos ditos indicios.
    4. Informe das forzas e corpos de seguridade que indique a existencia de indicios claros de trata de seres humanos con fins de explotación sexual.
    5. Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local en que se recolla a dita condición de vítima de violencia de xénero ou de vítima de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, e a data en que se produciu o cesamento da convivencia ou da situación de dominación respectivamente.
    6. Informe dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local en que se recolla a dita condición de vítima de violencia de xénero ou de vítima de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, e a data en que se produciu o cesamento da convivencia ou da situación de dominación respectivamente.
    • No caso de que, para a acreditación da condición de vítima de violencia de xénero, se presente algún dos documentos recollidos nos puntos 1, 2 ou 3 e non conste que a situación de violencia ocorre nunha relación de convivencia, deberase achegar ademais un informe dos servizos sociais da Administración autonómica ou local que o acredite ou, no seu defecto, a declaración responsable da solicitante, recollida no anexo I de solicitude. En ambos os casos, deberá constar a data na que tivo lugar o cesamento da convivencia. No caso de falecemento do agresor, o intervalo temporal será igualmente de 12 meses, tanto para o feito en si do propio falecemento como da ruptura da convivencia.
  • No caso de discapacidade da solicitante e/ou das/os súas/seus fillas/os menores ou menores acollidos a cargo da solicitante, copia cotexada da certificación acreditativa, se non foi expedida pola Xunta de Galicia.
  • Acreditación de fillas/os menores a cargo, a través da copia cotexada do libro de familia e/ou calquera outro documento que acredite que as/os fillas/os están ao seu cargo (informe de servizos sociais, certificado de empadroamento conxunto, resolución xudicial de custodia,...), de ser o caso. No caso de ter ao seu cargo menores en situación de acollemento, achegarase copia cotexada da resolución administrativa/xudicial acreditativa, se non foi expedida pola Xunta de Galicia.

Lugar de presentación

  • Preferiblemente por vía electrónica https://sede.xunta.es
  • En soporte papel calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación

Comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e permanecerá aberto con carácter permanente durante todos os exercicios (todo o ano)

Prazo máximo para resolver e notificar: 5 meses, que se computarán a partir do día seguinte ao da presentación da solicitude. Sentido do silencio: negativo.

Máis información sobre o procedemento

Secretaría Xeral da Igualdade

https://igualdade.xunta.gal  | Teléfono 881 99 91 64 | vx.igualdade@xunta.gal

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X