01-10-2019
A Sala de Exposicións Antón Mouzo acolle a exposición O Bululú de Miolos
O venres día 27 a Alcaldesa, a Concelleira de Cultura xunto con membros do Colectivo Miolos inauguraron na Sala de Exposicións Antón Mouzo a mostra “O Bululú”.
A Sala de Exposicións Antón Mouzo, situada na Casa da Cultura de Vimianzo, acolle habitualmente exposicións de artistas da Costa da Morte contribuíndo a fomentar o seu coñecemento e a súa posta en valor.
O colectivo Miolos son ilustradores carballeses con gran traxectoria profesional: Milagros Cotelo, Santiago Picos Díaz, Cristina Castro e Mon Lendoiro.
Estes ilustradores uniron a súa creatividade nesta mostra na que conflúen a pintura, a literatura e o teatro nunha performance unidas entre sí grazas o elemento da maleta e do Bululú particular caracterizado pola actriz Carmen Cotelo que coñeceremos o sábado 9 de novembro as 21:15h.
O Bululú foi un actor solitario ou comediante español que viaxaba a pé, de cidade en cidade, facendo pequenas representacións, interpretando todos os personaxes que aparecían na historia e a maleta era a súa única pertenza de gran valor, onde levaban todo o que necesitaban para caracterizarse e vivir.
A mostra poderase visitar até o1dedecembrono horario de apertura da Casa da Cultura. A entrada é de balde.
Máis información en www.vimianzo.gal