Concello de Vimianzo
25 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

15-02-2012

O concello consegue pechar o exercicio económico 2011 cun resultado positivo

Manuel Antelo e Fernando Mancebo daban conta onte en rolda de prensa dunha boa nova para o noso concello: a liquidación en positivo do exercicio económico 2011, o que supón o levantamento do obstáculo legal que impedía solicitar un crédito co que facer fronte ao pagamento dos 740.000 euros da obra realizada a maiores na Casa da Cultura, ao que o concello está obrigado por sentenza xudicial.

Manuel Antelo destacou que o goberno de Vimianzo, en minoría, e levando tan só sete meses no goberno, foi quen levar adiante a aprobación dos orzamentos do ano 2012, de realizar un plan de saneamento económico-financeiro e de pechar a liquidación do exercicio económico 2011 con resultados positivos, concretamente cun superavit de 24.388,67€, e un remanente de tesourería de 230.000,€. No exercicio 2010 a liquidación obtivo resultados negativos, -297.365, euros, e o remanente de tesourería tamén foi negativo (-41860,€) o que levou a que se iniciase o exercicio 2011 cun aforro neto negativo de -179.252,€ datos de xaneiro de 2011. No pasado mes de xuño, cando tivo lugar o cambio de goberno, o aforro neto do concello acadaba un déficit de -484.103,€. A política de control de gasto e austeridade que leva a cabo o  actual grupo de goberno fixo posible que a cifra mudase a resultados positivos e, a día de hoxe, o aforro neto do concello, consecuencia da liquidación do exercicio 2011, sexa de 4618,16€.

As cifras negativas na contabilidade do concello impedían que se puidese solicitar un crédito co que facer fronte ao pagamento da obra realizada a maiores na Casa da Cultura, 740.000,€, segundo dicta a sentenza xudicial. O goberno cumpriu o seu cometido e os resultados financeiros fan posible solicitar o crédito e dar cumprimento á sentenza. Agora é responsabilidade do pleno que se poida levar a cabo, pois é necesario aprobalo por maioría absoluta. Na vindeira semana convocarase un  pleno extraordinario e a oposición terá a última palabra.

 

O control de gasto interno, o plan de aforro enerxético e o plan económico aprobado no mes de setembro fixeron posible acadar resultados positivos, cumprindo coa planificación do gasto futuro e coa consecución do crédito, as expectativas do goberno é ter a finais de ano un concello saneado e solvente que permita pagar aos proveedores nun prazo de 30 días. Como exemplo desta política de austeridade e control de gasto, Fernando Mancebo destacou que no 1º semestre do ano 2011 o gasto eléctrico ascendía a 230.000 euros, mentres que no 2º trimestre este gasto viuse reducido a 53.383 euros.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X