06-09-2019
Sesión divulgativa sobre o alzhèimer
O Concello de Vimianzo, en colaboración coa Asociación de Familiares de Alzhèimer e outras demencias de Fisterra e Soneira (AFAFeS), celebraron esta mañá, na Casa da Cultura de Vimianzo, unha sesión divulgativa sobre o alzhèimer e o papel de AFAFeS na Costa da Morte e na comarca de Soneira. Tratouse dunha sesión de sensibilización sobre o alzhèimer co fin de visibilizar a importancia do diagnóstico precoz e dun tratamento adecuado da persoas afectada, así como do apoio aos familiares e coidadores/as.