Concello de Vimianzo
25 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

02-08-2019

Actívate de viaxe a Santiago! A rapazada do Vimiverán visitou o Museo do Pobo Galego,Parque de Bonaval e a Cidade da Cultura

A rapazada do Vimiverán visitou o Museo do Pobo, Parque de Bonaval e A Cidade da Cultura coa programación Actívate de viaxe! financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación.

A Alcaldesa, Mónica Rodríguez,e o director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar, acompañaron a rapazada na visita ao Museo do Pobo Galego.
O proxecto Actívate de viaxe a Santiago! propicia o coñecemento do patrimonio cultural e natural de Galicia a través de actividades lúdicas.

A visita ao Museo do Pobo desenvolvérona a través de xogos didácticos os 66 participantes distribuídos en grupos e acompañados de monitores. Nestas actividades traballaron as costumes da nosa sociedade, os distintos tipos de oficios, a tipoloxía de arquitectura de Galicia, os distintos tipos de familia dos instrumentos populares de Galicia, aprenderon distintos conceptos procedentes do mar e do campo e coñeceron os personaxes ilustres de Galicia. O material dos contidos da visita facilitounos o persoal de Educación e acción cultural do Museo. Concluíron a estancia coa visita ó Panteón de Galegos Ilustres na Igrexa de Santo Domingos de Bonaval onde tamén localizaron os sepulcros dos Moscoso e recoñeceron os seus escudos de armas coa característica cabeza arrincada de lobo orientada cara a dereita cos regueiros de sangue.

A alcaldesa destacou , na súa intervención, a importancia de organizar estes viaxes culturais para dar a coñecer o patrimonio cultural de Galicia e animou a rapazada a que participen activamente nas actividades didácticas programadas.

Coñeceron o Parque de Bonaval da man do técnico de Patrimonio, Manuel Rial que os acompañou xunto coa técnica de cultura, Nieves Lema, durante toda a visita á cidade compostelá. Xa para rematar a xornada achegáronse á Cidade da Cultura e participaron nunha visita guiada que os achegou á arquitectura, historia e espazos naturais do Gaiás.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X