24-07-2019
Grupos de baile galego en Europeade
O luns 22/07/2019, a alcaldesa, Mónica Rodríguez, doulle a benvida a varios integrantes dos grupos de baile galego “Foliada de Salto”, “Airiños do Río Grande de Vimianzo” e “Asociación Breogán de Brens”, os cales participaron no festival Europeade en Frankenberg (Alemania) durante a semana pasada e baixo o nome de "AC Costa da Morte".
En total foron 32 bailaríns e bailarinas os que nos representaron no que se considera o festival de maior relevancia en materia de folclore dentro do territorio europeo, pois conta con case 5.000 participantes.
Dende o Concello de Vimianzo, queremos darlle as grazas a estes veciños e veciñas por dar a coñecer a nosa cultura por europa.
56ª Europeade in Frankenberg (Eder) 2019. Alemania.
Este ano, o festival celebrouse do 17 ao 21 de xullo de 2019.
A Europeade foi creada en 1964 como a Festa dos Pobos, co obxectivo de promover a paz, a amizade e a unidade en Europa, mantendo e preservando a diversidade das rexións europeas.
Durante cinco días, as rúas e prazas da Cidade Vella e Nova estarán cheas de música internacional, danza popular e folclore. En numerosas etapas entre Obermarkt, Kloster e Wehrweide a xente baila, fai música, canta e celebra.