09-07-2019
Vimiverán 2019
O pasado luns comenzou o tradicional Vimiverán.
Este é un programa de actividades lúdicas dirixida a nenos e nenas nados entre o 2007 e o 2015 que se desenvolverá ao longo dos meses de xullo e agosto nun total de 4 quendas en horario de luns a venres de 10:00 a 14:00.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, dóullela benvida aos 135 nenos e nenas inscritos para a primeira quenda que se desenvolverá entre o 8 e o 19 de xullo. A segunda quenda está prevista entre o 22 de xullo e o 2 de agosto, mentres que a terceira irá dende o 5 ao 16 de agosto, e a cuarta comezará o 19 de agosto e rematará o venres 30.