Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Máis de medio cento de nenos e nenas dende os 3 anos participan nos obradoiros medievais da Semana do Asalto ao Castelo de Vimianzo.
Co gallo da celebración da Festa do Asalto ao Castelo de Vimianzo,dende o Concello de Vimianzo organízanse unha serie de talleres inspirados na Idade Media.
O obxectivo que se persegue nesta edición é o recoñecemento dos diferentes espazos históricos presentes en Vimianzo vinculados con esta época histórica facendo unha aproximación aos estamentos que os habitaron. Dunha forma principalmente lúdica optouse pola presentación dos devanditos estamentos mediante a contextualización e a asunción de roles.
Os horarios dos obradoiros son de 10:00 a 13:00 polas mañás e, polas tardes, de 17:00 a 19:00 horas:
LUNS 1 | MARTES 2 | MÉRCORES 3 | XOVES 4 | VENRES 5 |
10:00 Chegada Pavillón 10:00 – 10:15 Benvida 10:15 – 13:00 Viaxe no tempo Obradoiro de bandeirolas Merenda Engalanado Casa Cultura | 10:00 Chegada Pavillón Nós, os señores dos castelos Obradorio de armas Merenda Xogo de xustas Obradoiro de coroas e xoias medievais | 10:00 Chegada Pavillón 10:10 – 13:00 Nós, os campesiños Visita ao Muiño da Agra Obradoiro de filloas Merenda Xogo das froitas Obradoiro de masa | 10:00 Chegada Pavillón 10:10 – 13:00 Nós, os irmandiños Obradoiro de vestimenta Merenda Xogo das palabras da revolta Obradoiro de colgantes irmandiños | 10:00 Chegada Castelo 10:10 – 13:00 Visita guiada Escape room “a princesa enmeigada” Premio Merenda de froitas |
17:00 Chegada Pavillón 17:10 – 19:00 Conto e xogo Obradoiro de pins medievais | 17:00 Chegada Pavillón 17:10 – 19:00 Conto e xogo Obradoiro de fouces | 17:00 Chegada Pavillón 17:10 – 19:00 Conto e xogo Obradoiro de heráldica | 17:00 Chegada Pavillón 17:10 – 19:00 Conto e xogo Obradoiro irmandiño | 17:00 Chegada Pavillón 17:10 – 19:00 Conto e xogo Obradoiro de fachos |
Colabora do desenvolvemento dos talleres voluntariado de Cruz Vermella Vimianzo.