Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

27-06-2019

Comeza o Asalto ao Castelo ca izada do pendón dos Moscoso

A alcaldesa Mónica Rodríguez, desplega por vez primeira o pendón do Castelo de Vimianzo.

Acompañada por nenos e nenas da Escola Municipal Os Vimianciños e do campamento do Furancho Deportivo, e ca axuda dos artesáns que traballan a diario no Castelo de Vimianzo, a alcaldesa Mónica Rodríguez completou o izado do pendón dos Moscoso na torre de homenaxe da fortaleza vimiancesa, acto que marca o inicio das celebracións do Asalto ao Castelo.

As actividades darán comezo esta mesma semana ca xa tradicional Legua Irmandiña, que acada este ano a súa quinta edición, e proseguirán ca degustación dos Pinchos Irmandiños, entre o día 2 e o 6 de xullo.

No medio da vindeira semana, a representación teatral rememorará, o día 3 pola noite, os tempos dos Moscoso e das Guerras Irmandiñas na Casa da Cultura.

O venres 5 e o sábado 6 concentraranse o groso das actividades que combinan, dende o Asalto ao Castelo -e o Asaltiño, na súa versión para pequenas e pequenos- ata os concertos, a cea medieval, a feira artesanal e múltiples actividades para toda a familia.

Por último, o domingo 7 de xullo, o grupo de teatro Os Quinquilláns realizarán dous pases das súas representacións no propio castelo, ás 13 e ás 17 horas.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X